sábado, 10 de mayo de 2008

17 de maio.DÍA das LETRAS GALEGAS

Miña Língua Galega, quérote dende que pronunciei as miñas primeiras verbas no teu idioma....Tan fermoso coma cantareiro. Tamén moi agarimoso e arrullador nos teus diminutivos.

Miña Língua Galega, que aínda non deixache de ser perseguida, vilipendiada, denostada, en móitos casos, por aqueles que viñeron das terras de castela é embarullaron o teu IDIOMA, ata sacarlle aos galegos a súa espontáneidade a hora de falar. 

Miña Língua Galega, primeiro nái, é despóis madrastra, por imposición da dictadura do de Ferrol, pra que todos os españóis falaran só en castelán.

Él, habitando en dous PAZOS,(O´Pardo e Meirás), daba ordes pra que seguiran estirpando o GALEGO das súas rúas. Foi un home nacido en Galicia, pero que desertóu de-contado das súas raices pra converterse en dictador..., aló...., na Capital do foro de castela. 

Nas Capitáis galegas, o castelán iba en ascenso por mor do caciquismo, é do arrimo de móita xente franquista, que empezou a falar O CASTRAPO, (mitade en galego, é mitade en castelán). Dábanse móita importancia é presa en querer aprender a falar o castelán. En aquela época (anos 50,60 i prímeiros 70), na Capital, non podías falar en galego por que chamábanche "pailaroco", "marulo". É tí, sentías un complexo de inferioridade moi grande; porqué ademáis, de ser un recén chegado a Capital con sete anos e medio; sentiáme só...., ante o reto de ter que facer compañeiros que falaban en outro idioma i que eu, estaba aprender na escola, dende facía un ano. Costábame asimilálo con tanta presa i, faláballes en Galego. Os rapaces entendiánme; pero, chamábanme "marulo", "aldeano". Unha mañá calurosa de Semana Santa, cando se producen as "mareas vivas", fun a coller MEXILÓNS nas rochas que, con marea baixa, atópanse desagochadas do mar. Collin un bó saco deles. Cando chegueí a miña rúa, é atopeíme con dous que me preguntaron ¿ Que levas aí ?....Eu, co peito inchado, dísenlles: "Levo MEXILÓNS moi grandes" -.

Maldita a hora en que dixen semellante cousa, xa que me puseron de alcume "MEXILLÓN", é cada vez que alguén mo dícia...Pelexa segura. A máis de un, rompinlle o narís..., dicíndolle despóis que os "marulos", é ignorantes eran eles, xá que dicir mexilóns, ou mexillóns, tá ben dito no noso Idioma, i eu, falaba en Galego. 

Fago esta abstracción por que penso qué, despóis de 50 anos aínda hai políticos i algún académico que desexan voltar a aqueles tempos de persecución da nosa Língua, en lugar de UNIRSE pra que a CULTURA i o IDIOMA GALEGO teñan CORPO PROPIO, igual que o castelán, i o Inglés. Todos os coñecementos son poucos...., a hora de sair ao mundo global.... É bó pra o espirito aprender ata morrer... Abrir cancelas pra que entren novos coñecementos que axuden aos Galegos a manter ese espirito CEIVE, é que voguen po la vida sabendo o idioma da nosa, Rosalía.....


Que potencien o Galego nas escolas, que traballen po la CULTURA GALEGA. Que non teñan medo de que a xente, aprendendo, é falando o Galego...., VÁI DEIXAR de falar o castelan. Somos 500 millóns de castellano-parlantes, é non creo que a ninguén se lle ocurra deixar de comunicarse no idioma de Cervantes.
Penso que a xente xoven galega ten interese po-lo Galego, é ter unha identidade PROPIA..., de partida..., cara a outros IDIOMAS i outros mundos. Só falta que esa xente, deixe de conspirar contra o Idioma Galego, é apoie a NORMALIZACIÓN DA NOSA LINGUA en todos os ámbitos sociáis coma algo natural. Sin poñerlle etiquetas estrafalarias coma: "marulo", ou "pailaroco", i que deixen de dicir, "que o idioma Galego non serve pra nada". - "Vergoña axéa, é colorado me poño cando escoito semellante atropeio a nosa IDENTIDADE. É, como se me cortaran con un serrucho un dos meus membros, sin adormecelo" - .

No hay comentarios:

Publicar un comentario