viernes, 16 de febrero de 2018

¡¡QUE CONSTE, EN ACTA PÚBLICA...



>>A FAMILIA Franco quere desfacerse do Pazo de Meirás por 8 millóns de euros<<

____ Francisco Franco, ademáis de reventar e suspender a democracia durante 40 anos disfrutóu en familia do Pazo de Meirás... Agora o seu neto Francis Franco, e os seus irmáns, facinerosos, queren vender algo que nunca lles perteneceu por qué foi un saqueo forzado ao pobo coruñés... Restitución ¡XA..! desta propiedade do pobo para integralo no Patrimonio de Galicia, de onde nunca debeu faltar... 


¿E as estátuas da Catedral de Compostela, tamén roubadas 'Polo´s Franco'..., van ser vendidas? 

Cabe destacar que son duas estátuas do  secolo XII, creadas no taller do insigne Maestro Mateo, e extraídas do Pórtico da Gloria con alevosía e nocturnidade pra ser entregadas o DICTADOR... 

____UN CRUCEIRO, a modo de réplica do Santo dos Croques, i á réplica do relevo da praza coruñesa das Bárbaras na cidade vella da Coruña... Onde tamén, fronte a Colexiata, Carmen Polo, a dona de Franco, disfrutaba de prestado do pazo de Cornide, é asistía ás misas na Colexiata de Santa María do Campo cuio Abad, durante moitos anos, foi o Padre Taboada...


>> O PROCESO pra declarar Meirás como Ben de Interese Cultural comenzou no 2006 e rematou no 2008, pero os Franco o boicotearon con recursos xudiciais resoltos definitivamente no 2010 xá con Feijóo na presidencia da XUNTA DE GALICIA, a quen os Franco neste tempo o están aducindo con probas ou razóns falsas, sin que Feijóo reaccione nin presente cara aos que nunca traballaron na súa vida.., e pretenden seguir saqueando os bens públicos para seguir vivindo coma Franco, a carón da 'sopa boba', en casa allea...!! 
Lembremos aquelas verbas de Feijóo o día 12 de novembro do 2.016 na praza do Obradoiro de Compostela: "Hai que mollarse por Galicia, e eu fágoo sempre que teño oportunidade de facelo" 
¡¡Que pouco te mollas Feijóo!!